Os concertos de Mario Colomán & The Clocks Band e Peitoescuro trasládanse ao auditorio de Quiroga

REDACCIÓN | QUIROGA


Tras unha semana coa vista posta no ceo, finalmente o concerto de estrea da formación Mario Colomán & The Clocks Band e mais o do solista Peitoescuro trasladaranse ao auditorio municipal de Quiroga.

Nun primeiro momento estaba previsto que tivese lugar na praza da Rúa Lago, mais a previsión de chuvia para a noite deste venres levou ao Concello a trasladalo ao auditorio, un recinto con moita capacidade e que garante a comodidade dos moitos asistentes que se esperan.

Estas actuacións musicais da xornada previa á Feira do Viño comezarán ás 22:00 horas deste venres. Primeiro, co solista local Peitoescuro e, despois, coa estrea de Mario Colomán & The Clocks Band, un grupo formado por Lena, Brais, Santi, Diego e Alberto do que tes máis información aquí.

Consulta aquí o programa completo da Feira do Viño de Quiroga

Deixar un comentario