O xornalismo local centra o Faladoiro de marzo do centro social de Quiroga

REDACCIÓN | QUIROGA


O Faladoiro de marzo do centro social de Quiroga poñerá o foco nos medios de comunicación locais e na credibilidade actual do xornalismo. A actividade está prevista para este mércores, 27 de marzo, ás 18:00 horas na biblioteca deste edificio.

O departamento de Servizo Sociais de Quiroga, que dirixe Xosé Manuel Fernández, convidou para este coloquio a Carlos Julio González, creador do blog Diario de Quiroga, que dende 2018 informa do que acontece na comarca.

Deixar un comentario