A Radio Municipal de Quiroga celebra o seu 30 aniversario dende a Feira do Viño

REDACCIÓN | QUIROGA


A Radio Municipal de Quiroga celebrará este sábado os seus 30 anos de emisións cun programa especial que emitirá dende o recinto da Feira do Viño. O trinta aniversario da emisora pública quiroguesa é o martes, mais adiantaron a celebración para así poder sacar a radio á rúa na maior festa do ano no municipio.

O programa especial comezará ás 12:30 horas e por el pasarán diferentes convidados relacionados tanto coa Radio Municipal de Quiroga como co mundo do viño. Poderase seguir en directo no 107.3 da frecuencia modulada.

Deixar un comentario