Consulta aquí o programa completo da Feira do Viño de Quiroga 2024

REDACCIÓN | QUIROGA


A Feira do Viño de Quiroga celebra a súa XLII edición os días 30 e 31 de marzo de 2024. Con todo, os actos relacionados coa gran festa do municipio comezarán días antes. Este é o programa confeccionado para este evento:

DO 18 AO 26 MARZO

  • XII Concurso Val de Quiroga de Tapas. Entre as 12:00 e as 14:30 e as 19:00 e as 22:30 horas nos seguintes establecementos: Ferreiriño, O Portón, Matrioshka, A Botica, Chapakuña 3, Ruxe-Ruxe e Adega da María, en Quiroga; e A Cabina, Las Vegas e Praia Fluvial, en San Clodio. (máis información aquí)

VENRES, 22 DE MARZO

  • 18:00 horas | Inauguración da exposición de pintura ‘Contrastes’, de Mercedes Mondelo, na sala de exposicións Manuel María

SÁBADO, 23 DE MARZO

  • 12:00 horas | Nomeamento do ‘Gran Mestre’ da Confraría do Viño
  • 12:30 horas | Desfile dos membros da Confraría pola Rúa Real e actuación do Recanto
  • 13:00 horas | Asemblea anual da Confraría do Viño no Museo Etnográfico
  • 19:00 horas | Actuación de Xisco Feijoo na casa da cultura.

VENRES, 29 DE MARZO

  • 18:00 horas | Cata de viños da Ribeira Sacra, na Praza Maior (previa inscrición)
  • 22:00 horas | Concerto de Peitoescuro e mais de Mario Colomán & The Clocks Band, no auditorio (máis información aquí)

SÁBADO, 30 DE MARZO

  • 11:30 horas | XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas Memorial Muíño. Desfile de Bandas pola Rúa Real e actuación na Praza de España
  • 11:45 horas | Inauguración do recinto feiral polos membros do Grupo de Goberno
  • 19:00 horas | Concerto a cargo do grupo Cantos da Terra
  • 20:00 horas | Recepción de autoridades no Concello
  • 20:30 horas | Pregón a cargo de Afra Blanco (máis información aquí)
  • 21:00 horas | Entrega de premios do concurso de camisetas no palco (máis información aquí)
  • 21:00 horas | Festa coa Disco Móbil LB

DOMINGO, 31 DE MARZO

  • 11:00 horas | Animación do recinto a cargo do grupo de gaitas O Recanto
  • 12:30 horas | Recepción das autoridades no Concello
  • 12:45 horas | Entrega de trofeos aos adegueiros no Concello
  • 13:00 horas | Actuación grupo de música tradicional Érbedo no recinto da feira
  • 18:00 horas | Representación ‘De Pura Cepa’, escenificación teatralizada de homenaxe aos viticultores, con Queimán e Pousa
  • 18:30 horas | Actuación da charanga Fuego no recinto da feira

Deixar un comentario