A sindicalista Afra Blanco será a pregoeira da Feira do Viño de Quiroga 2024

REDACCIÓN | QUIROGA


A sindicalista Afra Blanco, popular polas súas aparicións en televisión, será a pregoeira da Feira do Viño de Quiroga 2024, que se celebra os días 30 e 31 de marzo. Afra naceu en Barcelona, pero os seus pais son quirogueses, polo que sempre estivo ligada a este municipio, que visita en numerosas ocasións.

A encargada de ler o pregón da Feira do Viño leva anos como sindicalista de UXT, foi voceira da súa sección xuvenil e actualmente é responsable de Comunicación da Federación Estatal de Servicios, Movilidad y Consumo.

Blanco é coñecida, sobre todo, polas súas colaboracións en mesas políticas dos programas Espejo Público (Antena 3), Al Rojo Vivo (La Sexta) e, principalmente, La Sexta Xplica.

Lerá o pregón o sábado día 30 ás 20:30 horas e o acto será presentado por Manola Porto, a voz de Onda Cero Monforte. Afra Blanco tamén será a encargada de escoller aos gañadores do tradicional concurso de camisetas.

Deixar un comentario