O Courel homenaxeou por todo o alto o seu froito estrela: a castaña.
Seoane do Courel acolleu este sábado 2 de novembro de 2019 a XXXII Festa da Castaña. O recinto abriuse ás 12h e unha hora e media despois tiña lugar o pregón, desta volta a cargo do chef Iván Domínguez.
Gaitas e Cantores do Caurel, O Recanto e Gin Toni’s puxeron a nota musical a este evento.