O rock de «Los Vagos» chega esta ponte a Quiroga e O Courel

Esta fin de semana, coincidindo co celebración do Samaín e a Festa da Castaña do Courel, o grupo rock Los Vagos fará un mini circuíto pola zona ao tempo que rodará o seu novo videoclip.

O pasado verán visitaron por primeira vez O Courel para tocar en Seoane e quedaron abraiados coa paisaxe da zona, polo que decidiron gravar aquí o videoclip.

O compositor e guitarrista da banda, Román Gutiérrez, é tamén produtor e director de cinema e será o encargado de dirixir o vídeo que se gravará nos tres concertos que a banda vai ofrecer na comarca: venres 1 no Ruxe Ruxe de Quiroga, sábado 2 no Bar Lembranza de Seoane, e domingo 3 no restaurante O Pontón en Folgoso.

Los Vagos é unha banda veterana, xa que se formaron en 1986, e autodefínense como un «grupo de rock ortodoxo formado por delincuentes xuvenís xubilados pero que levan a bandeira de independencia musical e artística como aceno de identidade».

Deixar un comentario