Os Anguieiros celebra este sábado a cuarta Xornada Castañeira

Os Anguieiros, na parroquia quiroguesa de Montefurado, celebra este sábado día 2 de novembro a cuarta Xornada Castañeira.

Esta actividade terá unha primeira parte divulgativa, de 17h a 18:30h. Primeiro cunha visita guiada para coñecer Caniceiras e logo unha charla sobre o potencial da castaña na zona a cargo de Martín Alemparte. De 18:30h a 19:30h haberá unha sesión creativa relacionada co samaín. Para rematar, de sete e media a once e media, terá lugar unha sesión festiva que contará cun magosto popular e coa música de As Macizas Centrais.

A actividade está organizada pola Asociación Boca do Monte, unha agrupación moi activa. Durante o longo do ano organiza camiñadas e tamén a festa da Madalena, na que se inclúe o Campionato de Bolos Celtas.

Cartaz da Xornada Castañeira / Asoc. Boca do Monte

Deixar un comentario