O Xeoparque Montañas do Courel busca un novo logotipo a través dun concurso

REDACCIÓN | QUIROGA


O Xeoparque Montañas do Courel convoca un concurso para escoller o seu novo logotipo, adaptado aos novos cambios normativos no formato e contido dos logotipos dos xeoparques mundiais da UNESCO.

O gañador do concurso levará a cantidade de 1.000 euros coas oportunas retencións fiscais que correspondan e un lote de produtos dos Sabores das Rochas do Xeoparque.

No concurso poden participar todas as persoas que o desexen e con tantos traballos como queiran sempre que os deseños sexan orixinais e inéditos. A técnica empregada será libre, sempre que sexa posible la reprodución do logotipo por cuatricomía, valorando positivamente que o logo inclúa colores que sexan facilmente trasladables a escala de grises para a súa posterior realización tanto en color como en branco e negro.

O logotipo está destinado a ser la imaxe representativa do Xeoparque Mundial de la UNESCO Montañas do Courel, empregándose en todas as canles e soportes de información e comunicación do Xeoparque, así como nas acciones de promoción e difusión que se leven a cabo. Terá versión en galego, en español e en inglés.

Requisitos imprescindibles, debido a que deberá reflexar a identidade do Xeoparque, son que inclúan as palabras Geoparque e Montañas do Courel, unha referencia gráfica á representación do los pregues deitados do Courel, un lugar de interese xeolóxico de relevancia Internacional.

As bases pódense consultar a través das redes sociais do Xeoparque Montañas do Courel. Os traballos deberán de entregarse antes do 29 de abril no correo info@ribeirasacracourel.es

Deixar un comentario