Árbores rotos e sinais e farolas no chan: así foi a noite do sábado en Quiroga

REDACCIÓN | QUIROGA


A noite do sábado foi movida en Quiroga e a vila amenceu o domingo coa normalidade alterada, logo de que acontecesen varios actos vandálicos. O Concello informou que denunciou ante a Garda Civil eses feitos.

Durante a noite do sábado rompéronse árbores, tiráronse contedores, farolas e sinais na rúa Real e na rúa Ramón y Cajal. Os feitos están agora sendo investigados pola Garda Civil.

Deixar un comentario