O Quiroga Volei organiza este sábado un torneo para tres categorías

REDACCIÓN | QUIROGA


O pavillón municipal acolle este sábado, 20 de abril, o primeiro Torneo Quiroga Volei. Trátase dun campionato amistoso organizado dende o club quirogués e dirixido para as categorías infantil, cadete e xuvenil.

O torneo comezará ás 9:30 horas con enfrontamentos entre os equipos do Quiroga Volei, o Ribeira Sacra e o San Martiño Dompa do Barco. Ás doce e media xogarase a final do torneo na categoría infantil.

Os equipos do Quiroga Volei nas súas dúas categorías, infantil e xuvenil, veñen de rematar a tempada sendo campioas dos seus respectivos grupos nas provincias de Lugo e Ourense. Ademais, fixérono sen perder nin un só partido.

Deixar un comentario