O Quiroga Trail Challenge superou todos os obstáculos nunha heroica edición

REDACCIÓN | QUIROGA


O Quiroga Trail Challenge despediu este domingo unha heroica décima edición na que a festa do trail galego fixo fronte a unhas condicións meteorolóxicas extremas. Tras a neve, chegaron tamén a choiva e a saraiba para endurecer máis aínda a proba no salvaxe territorio Lor nas dúas carreiras da segunda etapa do evento deportivo.

A proba reina do trail running galego coroa a súa décima edición cunha xornada na que a meteoroloxía converteu as distancias do trail e minitrail en verdadeiras probas de resistencia física e mental. O barro fíxose protagonista e o Lor máis salvaxe non pedoou.

Este domingo repetíronse unha e outra vez as mesmas imaxes: as chegadas a meta emocionantes, tras auténticos exercicios de superación e descarga completa de adrenalina, participantes exhautos como nunca, pero felices e pletóricos. Risas, emocións a flor de pel… ou como berran os participantes antes de cada saída, Pura Vida.

O corredor internacional Pablo Villa (dereita) venceu a ultra de 70 quilómetros / QTC

Como xa avanzara e prometera a organización, esta décima edicion non deixou indiferente a ninguén. Os promotores do evento, os voluntarios e os corredores estiveron implicados ao cento por cento e venceron xuntos todas as dificultades.

“Máxima gratitude pola nosa parte, porque ese é o auténtico espírito do Quiroga Trail Challenge”, apuntaron Blas Rodríguez e José Manuel Barreiro, directores da proba. “As condicións eran moi malas. Tiñamos montañeiros arriba e dixéronnos que unha carreira alí non podía subir. Pero, malia todo, o QTC seguiu a festa do trail galego”, destaca Rodríguez, que califica as probas deste domingo como “xincanas de xabaríns“.

rESULTADOS DO TRAIL DO LOR

Os heroes do domingo no trail foron José Cid Martínez (C.D.Montañeira Zamora), Luis Baralla Guerra (Km Vertical Torrelavega) e Javier Janeiro Cerdeira (Korpore Arenteiro Trail) no podio masculino e Patricia Noya (Tribo Trail), Anna Mengual Ripoll (CD Senen Challenge) e Carla Junquera Marqués(CDE Todovertical).

No minitrail completaron a épica Eloy Martínez Faro (AC Castelos Trail Club 1° Promesa), Iñaki González Arias (Amurrio Trail) e Pablo Fernández García (Toxos&Birras) no podio masculino e Sara Varela Espiñeira (C.D 21 Leguas Narón), Elena Rosell Aragón (Metas Imposibles Trail Team) e Carolina Niño (Club Corredoiras Bueu), no feminino.

A carreira, entre a neve / Fotos: Miguel Rúa (QTC)

GAÑADORES DOS CIRCUÍTOS

No circuíto ultra subiron ao caixón masculino Pablo Vecino Rey, Javier Janeiro Cedeira e Xosé María Fernández; Eugenia Gil Ballester quedou como única muller do circuíto.

No maratón o podio masculino foi compartido entre José Manuel Pérez Rodríguez, Manuel Gómez Gómez e Iván Barca Taibo; entre as mulleres, Patricia Noya, Vanesa Varela e Alicia Prieto.

No circuíto trail o podio masculino foi para Eduardo Fabeiro, Emilio Alvarez e Roberto Balado. Entre as mulleres destacaron Anna Mengual, Sandra Fernández e Nuria Fernández

No minitrail os clasificados foron Eloy Martínez, Iñaki González e Rodrigo Bermúdez, entre os homes; e Elena Rosell, Carolina Niño e Tere Dieste, entre as mulleres.

Deixar un comentario