Arden por completo dous vehículos no Mazo sen ter que lamentar feridos

REDACCIÓN | QUIROGA


Un furgón e un coche arderon completamente a pasada noite no lugar do Mazo, na parroquia de Meiraos, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Ocorreu ao fío das 02:00 horas. Nese momento, varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do incendio. Segundo indicaban, o lume tamén afectaba ao monte.

De xeito inmediato, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, da Garda Civil e dos medios do distrito forestal da zona.

Segundo confirmaron os membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel ao 112 Galicia, arderon completamente dous vehículos, sen que chegase a afectar ao monte.

Imaxe de arquivo

Deixar un comentario