Un desprendemento obriga ao Quiroga Trail Challenge a cambiar a proba do Castelo

REDACCIÓN | QUIROGA


O Quiroga Trail Challenge xa ten un percorrido alternativo para o Trail do Castelo, cuxo trazado se viu afectado por un desprendemento de terra que se produciu nos últimos días debido ás fortes chuvias.

Foi un derrubamento “moi serio e importante” e a organización, ante a grande afectación que presentaba o terreo, comezou a buscar unha alternativa dende o primeiro momento.

Ese novo percorrido xa está deseñado, polo que este desprendemento non impedirá que a fin de semana do 4 e o 5 de febreiro a comarca goce da festa do trail galego, na que participarán 1.100 deportistas.

Con todo, a organización pide aos inscritos que non adestren polo percorrido do Trail do Castelo de 25 quilómetros, propoñéndolles que o fagan polo do MiniTrail, que é algo máis levadeiro, de 17.



Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s