Jesús Alfonso Parada Jato expón unha trintena de petropictos en Monforte

REDACCIÓN | FOLGOSO DO COUREL


O escritor courelao Jesús Alfonso Parada Jato levou ata Monforte a súa exposición de petropictos, que se poden ver na Librería Pelayo dende este venres e ata pasar o día de Reis. O poeta de Meiraos leva tempo decorando estas pequenas pezas con diferentes motivos e empregando pintura acrílica e mais metalizada.

“A xente adoita pintar pedras de río, mais eu neste caso quixen coller lousas, calcarias e outras rochas, tendo en conta as súas particularidades“, explica Parada Jato. Para elaborar estas pezas, asegura que non modifica as pedras que atopa, senón que as lava e traballa sobre elas tras aplicarlle unha base acrílica. A partir de aí, aproveita relevos da pedra “mesmo para darlles sensación de 3D”.

Dos petropictos di valorar “o seu carácter máxico, tal e como defendían os castrexos, que dicían que as pedras gardaban algo do espírito divino que as creara”.

A exposición está formada por unha trintena de pequenas pezas que foi confeccionando Parada Jato e recollen motivos como as paisaxes do Courel ou imaxes oníricas.

MÁIS SOBRE PARADA JATO EN DIARIO DE QUIROGA:

Deixar un comentario