‘Entre o luceiro e a noite’ é o novo libro do poeta courelao Jesús Alfonso Parada Jato

REDACCIÓN | FOLGOSO DO COUREL


‘Entre o luceiro e a noite’ (Peruchela Edicións) é o título do novo poemario do escritor courelao Jesús Alfonso Parada Jato. O poeta de Meiraos mantén nesta obra a liña doutros traballos anteriores para abordar “o momento máxico que era cando aparecía o luceiro no ceo e os labregos deixaban de traballar, gardar a ferramenta, facer balance e voltar para a casa”, explica,

Parada asegura que “durante a cavada no monte traballábase de estrela a estrela e cando aparecía o luceiro era momento de rematar“. O poeta courelao inclúe outros aspectos do pasado, que “a quen lle interese a cultura popular e as tradicións que se van perdendo vaille gustar este libro”.

Jesús Parada detense mesmo “no moito que se tiña que traballar para levar algo de pan á boca“, di. “O pan que comemos hoxe en día é moi barato comparado co que tiña que traballar antes a xente para comer un anaco”, asegura. Aborda ademais o “tedioso e longo” proceso de elaboración deste produto na serra do Courel.

O poemario conta con diferentes capítulos, cada un encabezado por unha ilustración do propio Parada Jato, que tamén deseñou a portada do libro, que xa está á venda en librerías. Este venres foi presentado no Ateneo Casino de Monforte, nun acto no que autor courelao tamén asinou exemplares de ‘Os aires de Meiraos‘, unha das súas últimas publicación.

Un momento durante a presentacion en Monforte da última obra do courelao / P.J.

Imaxe: Onda Cero Monforte

1 comments

  1. Grande, Jesus! É injusto que nom tenhas a audiência que merecem essas obras tuas, que enchem de beleza a nossa vida. Os que temos sensibilidade por esse mundo rural que nos embalou nos primeiros anos da nossa vida agradecemos-che estas pequenas jóias que som o seu reflexo.

    Gústame

Deixar un comentario