Instituto Xeográfico Nacional rexistra un novo tremor de magnitude 2,5 en Quiroga

R. C. / REDACCIÓN | QUIROGA


Tras informar o pásado sábado de ata cinco tremores no municipio, o Instituto Xeográfico Nacional rexistrou este martes minutos despois das 11 horas un novo movemento sísmico en Quiroga, de magnitude 2,5 mbLg.

En concreto, e aínda que o IXN sitúa este tremor en Folgoso do Courel, as coordenadas que indican na súa páxina web levan o epicentro ás proximidades do lugar das Barxas, nunha zona coñecida como A Medorra, na parroquia quiroguesa de Bustelo de Fisteus.

OUTROS CINCO TREMORES

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou ao longo da xornada do sábado cinco tremores en Quiroga a diferentes horas do día. O epicentro situouse preto de Bustelo de Fisteus, no espazo limitado polos lugares coñecidos como O Castrelín, A Chada, Monte da Forca e Teso do Medio.

O de maior magnitude (2,2 mbLg) tivo lugar arredor das cinco da madrugada, hora local, a unha profundidade de tres quilómetros. O resto ocorreron ás 9:16 (1,5 mbLg), 13:35 (1,7 mbLg), 15:09 (1,7 mbLg).

Por outra banda, Folgoso do Courel tamén rexistrou un tremor, ás 5:44 do sábado. A magnitude deste foi de 1,5 mbLg.


Imaxe ilustrativa

Deixar un comentario