A Deputación comeza hoxe os traballos de desbroce nas estradas provinciais

Co inicio do mes de xuño, a Deputación de Lugo comeza cos labores de desbroce das estradas provinciais. Trátase dunha serie de traballos que contan nesta anualidade cun orzamento de 750.000€.

O presidente do ente provincial, José Tomé Roca, responsable directo da área de Xestión Territorial, informou de que «será a primeira vez en moitos anos que os desbroces das estradas provinciais comezan o día 1 de xuño co fin de que no mes de xullo estean totalmente rematados os traballos nos 4.200 quilómetros de vías provinciais».

Tomé explicou que os traballos lévanse a cabo dende primeira hora da mañá de hoxe e de maneira simultánea nas 24 zonas nas que está dividida a roza da rede viaria dependente da institución. Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil están na zona 22.

Os desbroces mellorarán, segundo a Deputación, a seguridade viaria e a calidade e comodidade dos condutores, ademais de favorecer a prevención de incendios durante o verán.

Deixar un comentario