«Courel» ou «Caurel»? Esta é a explicación da Real Academia Galega

Ao igual que toda Galicia, O Courel goza dunha gran cantidade de topónimos, os nomes propios dos lugares. Porén, existe dende hai tempo un debate sobre cal debe ser o termo axeitado para designar a este lugar. Algunhas persoas defenden que sexa a forma «Courel», a oficial na actualidade, mentres que outras son máis partidarias de «Caurel», moi empregada entre a veciñanza.

A Real Academia Galega é contundente ao respecto. Recentemente, ao ser preguntados por un usuario da rede social Twitter, explicaban que «Courel é a única forma autóctona atestada en textos galegos e casteláns desde a Idade Media ata o século XVIII». Como fontes consultadas aportaban a documentación antiga do «Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG), Arquivo da Catedral de Santiago (ACS), GALICIANA, PARES».

Tamén é a forma máis frecuente no corpus de textos literarios da Idade Moderna e Contemporánea (TILG) con 481 ocorrencias fronte as 173 de Caurel.

Explican ademais dende a RAG que a forma Caurel é «unha variante cultista» e engaden que o máis probable é que xurdira «por presión diferencial do castelán». Esta variante sería a mesma que se rexistra no apelido toponímico Lóuzara, que presenta tamén unha forma alterada Láuzara.

Pola súa banda, a Associaçom Galega da Língua (AGAL) tamén recolle Courel como forma galega do topónimo e Caurel como un castelanismo. Explican que o termo provén de Caurellum, vocábulo o cal, como noutros topónimos e palabras comúns, o ditongo latino -au- evolucionou para -ou-, como en taurus > touro.

facebook

4 comments

    • Ola. A situación na que viviu a nosa lingua durante moitos séculos non foi a máis apropiada para que se mantivesen as formas correctas. Deste xeito, moita xente que falou galego toda a vida dirá “lunes” e “Dios” e non “luns” e “Deus”. O coñecemento dos documentos permitiu “restaurar” palabras que se viñan escribindo mal. Certo é que as palabras que oímos desde sempre teñen un valor afectivo, sexan correctas ou non. Pero…eu para curar unha infección “fíome” dos especialistas. E neste caso os especialistas son os filólogos que estudaron a documentación. Iso si, cada un ten a liberdade de falar como queira, poida ou saiba.

      Gústame

  1. Pois meus pais sempre falaron Caurel, ( sou nado en Laiosa – Incio, igoal que meus pais e avos, con raices en Montefurado ), coma falaban iauga e non auga, e mais de centos de palabras, non castelanizadas, como pon no seu diccionario, en Terra Brava, Anxel Folle ( Anxel , Anxo, Angel ??? .
    ). Soio facer notar que, procuren unha palabra nas cantigas do sèculo XII ou XIII, e agora tamèn con a descoberta de Martin de Padrozelos, hoxe confirmado, que non he portugues, si non da parroquia de Praducelo en Louzara – Samos – Lugo, nado no sèculo XI , onde ainda existe parte das paredes da sua casa restaurada, un pouco, polo concello de Samos, da letra X, en algunha delas. Non existe un nome de trovadores que comece con X en vez de xota, pois bueno J. Non existe ningunha palabra onde a X suplanta a xota castelan. Pois, si pra min nado en 1947 è CAUREL, e tamèn è iauga e tantas outras, aprendìn o galego escrito, non na escola, a vida e o fuciñar en poucos textos e libros que existian na època, e o empeciñamento de que meu idioma era o GALEGO, e que nada, nada do portugues era meu. Trinta anos na Arxentina, con Curros, Rosalia, Castelao, Bovéda, e o Centro Galego de Bos Aires, e mais nada. De donde eres chico ???? eu respondìn sempre, soy de una aldea de O CAUREL. Terra Brava ainda non se coñecia na Arxentina. Por favor , cando escomenzou o reemplazo da J pola X de hoxe ????? Pois son Xoan Manuel, por un erro do garda civil no Incio en 1947, pois meu pai levou meu nome escrito nun papel, que lle dera meu padriño, daquela eras Juan si ou si, mais chegou a Madri e ali puxeran-no como chegara do Incio, Xoan. Meu pai diciame que estaba mal escrito, que eu era Xohan con H. En fin.

    Gústame

  2. As palabras que escribian-se mal????? Mal polo que determinou a RAG, mais ,quen son os da RAG pra dicir e certificar que, Rosalia, Curros, Dieste, Castelao, Cunqueiro, Risco, Alfonso X, 200 Trovadores coñecidos etc, pra decir que todos eles escribian mal ???? Polo que humildemente sei, teñen aceptado a fala verbal, non a escrita, que soio vale a normativa, mais que procuren toda a cultura galega dos personaxes cultos da nosa literatura històrica, e verifiquen ,si no hai diferencias importantes, algunhas veces importantes na sua escrita, e falada, con o normativo de hoxe. Que a RAG diga , vamos a unificar conceitos, estou de acordo, mais decir que habia palabras ” MAL ESCRITAS ” , por favor, non son eles xuices nin quen pra decir iso. Ouuu os da RAG, son do CAUREL señores, do Caurel, galego puro e duro , da Casa dos Ferreiro de Laiosa, meu pai foi alfabetizado soio en castelàn, eu tamèn, a cultura galega aprendi-na moma puiden, con os cartos dos meus pais, en libros comprados, que algunhas veces tiña eu que decirlles o siginificado.

    Gústame

Deixar un comentario