Pablo, o quirogués que apostou polo rural e ten máis de 100 vacas de leite en Bóveda

Só ten 21 anosdende hai arredor dun dun ano e medio ocúpase da explotación gandeira na que traballaban os seus avós, na Portaxe, no Concello de Bóveda. Chámase Pablo Rodríguez e é quirogués.

Decidiu trasladarse ata Bóveda no seu día e comezar o seu proxecto agrogandeiro. A día de hoxe ten máis de 100 vacas de leite.

Pablo é un dos gandeiros que poderá beneficiarse do proxecto de mobilización de terras para o Concello de Bóveda ao que a Xunta destinará 200.000 euros nos Orzamentos do ano 2020. Esta contía investirase no aproveitamento e reconversión de terreos en estado de abandono. Os traballos previos identificaron preto de 160 hectáreas.

Precisa ampliar superficie para plantar millo forraxeiro e alugará terras que se atopan entre Guntín e Ver. Alugar parte desa terra vaille permitir a Pablo contar con novas hectáreas de plantación de millo forraxeiro. O mesmo poderán facer outros gandeiros pagándolle un aluguer á Xunta tras chegar a un acordo previo cos seus propietarios.

Quiroga e Folgoso do Courel tamén son ou serán concellos beneficiarios desta iniciativa.

Deixar un comentario