Montefurado volve ao seu pasado romano esta fin de semana

Os romanos volverán ás terras de Quiroga logo da celebración doutras dúas festas de recreación histórica a pasada fin de semana. Neste caso tócalle a Montefurado, que tras tres anos, decidiu recuperar a súa festa, co obxectivo de lembrar e poñer en valor o pasado romano da zona.

O programa iniciarase este sábado a partir das 11:30h cunha ruta guiada pola localidade. Durante a tarde, ás 18:30h. terá lugar un campionato de bolos celtas, que terá como primeiro premio un trofeo. Tamén durante a tarde realizaranse obradoiros, xogos infantís e demostracións de acuñado de moedas e de escritura romana.

Para o domingo queda o espectáculo As armas de Roma, que ensinará como vestían, loitaban e convivían os soldados romanos no século I de nosa era, época na que o emperador Trajano ordena construír a boca do monte.

Festa romana montefurado 2019

Deixar un comentario