Xa á venda as entradas para a cea da Festa da Comunidade

O venres día 9 de agosto e dentro do programa das Festas de Verán de Quiroga, terá lugar a décimo cuarta edición da Festa da Comunidade.

Como xa é habitual, celebrarase no Parque da Constitución a partir das nove e media da noite, e a ela poden acudir todos os veciños ou visitantes.

Os asistentes poden previamente mercar os vales para asistir a cea. Os billetes están á venda tanto no Centro Social como nas seguintes cafeterías e bares da vila: As Palmeras, Quiper, Lago, Félix, Zorro, e Ferreiriño. Tamén se poderán adquirir o mesmo día da cea a un prezo de 6 euros. O menú que se poderá degustar vai ser paella, xeado e bebidas.

Arredor das once da noite, para continuar coa festa, dará comezo un baile con música en directo no propio recinto a cargo do Dúo Camelia.

banner - facebook - quiroga

Deixar un comentario