Este é o programa das Festas de Verán de Quiroga 2019

Un ano máis volven as Festas de Verán de Quiroga. Neste 2019 celebraranse entre o xoves día 8 e o domingo día 11. Catro días de troula con diferentes actividades e actuacións musicais para todas as idades.

Programa

Xoves 8 de agosto: celebrarase dende as 18h a Festa da Cervexa Artesá e da Xuventude, que contará con música a cargo de DJ Michel; e ás 23h teá lugar a actuación da Orquestra Panorama, nas inmediacións do pavillón municipal. Será a primeira das actuacións que esta orquestra realice na zona sur da provincia coa súa nova xira, Number One Tour.


ÚLTIMA HORA: Aprazada a Festa da Xuventude e da Cervexa Artesá de Quiroga ante as previsións meteorolóxicas adversas. Máis información aquí.


Venres 9 agosto: a XIV Festa da Comunidade será no Parque da Constitución: cea -paella, bebida e postre- ás 21:30h e actuación do Dúo Camelia a partir das 23h. Antes, ás 18h, terá lugar o Torneo Street Soccer na pista do Parque da Constitución. Ademais, este ano a Área de Deportes tamén aposta pola posta en marcha dun campionato de voleibol, que se celebrará no mesmo lugar que o de fútbol.

Sábado 10 de agosto: é o día da vixésimo oitava Mostra do Mel de Quiroga, o recinto abrirase as 12h e actuarán O Recanto.

De 12h a 15h e de 20h a 22h terá lugar pola Rúa Real o espectáculo de maxia Petite Caravane, a cargo da compañía Animatium. Ás dez da noite comezará unha festa popular co Grupo Atenas.

A gaiteira Susana Seivane ofrecerá a partir das 00:30h un concerto dentro da súa nova xira, coa que está a celebrar os seus vinte anos sobre os escenarios.

Domingo 11 de agosto: chega o último día de festa. Ás 13:30 terá lugar o habitual concerto de música diante do concello, este ano a cargo da Banda de Música de Chantada, previamente, ás 12:30h a mesma formación será encargada de amenizar o recinto cunha alborada.

Na Praza de España ás 19h, os nenos e nenas poderán participar nunha nova edición de Pinta con xiz no chan, ao remate entregaranse os premios do Certame de Debuxo Infantil. Máis tarde, ás oito, terá lugar O Folión do Zampón, un espectáculo de teatro infantil da compañía Fantoches Baj pola Rúa Real. Esta actividade, que conta cun xigante ou cabezudo, dous músicos, unha zancuda, un actor nun velocíclope e un vehiculo moi particular, convértese nun espectáculo moi participativo e divertido.

A música correrá a cargo da orquestra Grupo Nazaret dende as nove e media da noite e a verbena (00h) a cargo do Grupo Limón.

O pase de diapositivas require JavaScript.

banner - facebook - quiroga

Deixar un comentario