Declarado un incendio en Montefurado (Quiroga)

Pasadas as cinco da tarde deste martes declarouse un incendio forestal na parroquia de Montefurado, en Quiroga.

Agora (ás oito da tarde), e segundo a RTMQ, está practicamente controlado e seguen traballando brigadas de extinción e axentes forestais. Tamén continúan na zona dous helicópteros de extinción e outro de coordinación.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural a La Voz, o incendio está preto da N-120, polo que estivo cortado un tramo da estrada nesa zona, para facilitar o labor dos equipos de extinción e evitar problemas derivados do fume. A circulación xa está totalmente restablecida.

As causas do incendio aínda non se aclararon pero todo indica que se iniciou á beira da N-120, na boca do túnel. Precisamente pola pouca distancia ata o túnel foi polo que se tivo que cortar o tráfico a estrada, xa que o fumo dificultaba a visibilidade no interior da cavidade.

Ademais, o lume, que segundo fontes de ADIF esta próximo á vía, obrigou a cortar tamén a circulación na liña Leon-Monforte de Lemos entre Soldón-Sequeiros e Montefurado. Establecéronse transbordos por estrada para as relacións de media e longa distancia afectadas.

facebook

Imaxes cedidas

Deixar un comentario