Un espectáculo de maxia para que os cativos descubran o pracer da lectura

O Concello de Quiroga, a través da Biblioteca Pública de Quiroga, e co gallo da conmemoración do Día das Bibliotecas, ten programado un espectáculo de animación á lectura para público infantil e familiar a desenvolver o sábado 27 de outubro.

Atrapado na Torre é un espectáculo creado a través da imaxinación, a creatividade e a maxia que podemos ter no noso interior.

Mediante a sucesión de distintos xogos de maxia Chrystyan Magic, protagonista do libro, tentará despertar nas nenas e nenos a ilusión e a fantasía a través de historias que forman parte do conto, despertando deste xeito o seu torrente imaxinativo, e facendo ao mesmo tempo que descubran o pracer da lectura.

Esta actividade desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura. Será o sábado, día 27, ás 19:00h; e está subvencionada pola Secretaría Xeral de Cultura a través do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia no que o Concello de Quiroga participa. A pasada fin de semana xa se levou a cabo outra actividade de animación co obxetivo de conmemorar o Día das Bibliotecas.

Deixar un comentario