A Estación Científica do Courel acolle unha xornada para a identificación de cogomelos comestibles e velenosos

O sábado 3 de novembro de 2018 celebrarase na Estación Científica do Courel a VI Xornada de Iniciación á Micoloxía sobre cogomelos comestibles e velenosos.

Os obxectivos desta actividade son ensinar os aspectos básicos da macromicoloxía, os caracteres fundamentais para a identificación dos cogomelos e as características das principais especies comestibles e velenosas, tanto desde a perspectiva teórica como práctica.

A inscrición é de balde e pódese realizar ata o día 29 de outubro nos correos electrónicos  ro_rodriguezlopez@hotmail.com ou antonio.rigueiro@usc.es. Hai que indicar nome e apelidos, NIF e teléfono de contacto. Tamén chamando aos números de teléfono 648051928 ou 600942418.

O programa desta xornada é o seguinte:

10 h- Inauguración da Xornada e instrucións aos participantes

10.30 h- Iniciación á Micoloxía. Morfoloxía e ecoloxía dos cogomelos. Juan Luis Fernández Lorenzo. Dr. en Bioloxía. Profesor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC

11.30 h- Pausa café

12-13 h- Principais especies comestibles. Antonio Rigueiro Rodríguez. Dr. Enxeñeiro de Montes. Profesor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC. Director da Estación Científica do Courel

13-14 h- Especies tóxicas e intoxicacións por cogomelos. Julián Alonso Díaz. Dr. en Veterinaria. Técnico de Investigación do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC. Presidente da Sociedade Micolóxica LUCUS

14-16 h- Xantar libre

16-19.30 h- Sesión práctica: saída ao monte a identificar e recoller cogomelos cos profesores do curso

Deixar un comentario