Falece un motorista nun accidente de tráfico en Quiroga

REDACCIÓN | QUIROGA


Un motorista faleceu na tarde deste martes en Quiroga logo de colisionar contra outro vehículo. A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios, que lle practicaron manobras de reanimación, finalmente só puideron confirmar o seu falecemento.

Pasaban dez minutos das 18 horas da tarde cando un particular chamou ao 112 Galicia para alertar sobre este accidente, que se rexistrou no quilómetro 31 da LU-933, entre Quiroga e San Clodio, a uns metros da ponte nova. Nun primeiro momento, explicaba que o motorista había resultado ferido de gravidade.

De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel e da Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, os servizos de emerxencia confirmaron o falecemento do motorista, mentres que os efectivos do GES procederon coas tarefas de limpeza do asfalto.

Deixar un comentario