REDACCIÓN | QUIROGA
Unha manifestación que partiu pasadas as doce e media deste mediodía da praza de España de Quiroga protestou contra «a especulación eólica» que, segundo os convocantes da marcha, a plataforma Eólicos Eiquí Non, se está a dar no país.
Foi diante da casa do concello onde se reproduciu a través dun altofalante o manifesto desta mobilización. Entre outros aspectos, indiciron en que «non queremos vender o futuro desta terra e, polo tanto, estamos en contra de que o noso fermoso concello se estea a converter nunha feira do vento».
En concreto, ademais de mencionar o parque eólico de Barjas e outros proxectos que se están a desenvolver na comarca, puxeron o foco «no modelo enerxético que nos queren impoñer dende empresas que veñen mercar ou alugar os nosos montes».
Acudiron algo máis de medio cento de manifestantes, moitos deles chegados dende outros lugares, pois ademais do que lle afecta á comarca, dende Eólicos Eiquí Non sinalaron que a convoatoria era tamén «en defensa da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra – Serras do Courel, de Valdeorras e do rural en xeral».
Que se preocupen mas por los incendios!!
GústameGústame