‘Courel Livre de eólicos’ ten convocada unha protesta o sábado na Praza de España

REDACCIÓN | QUIROGA


A plataforma ‘Courel Livre de eólicos’ ten convocada para este sábado 5 de xullo ás 12:00 horas unha manifestación «contra a especulación eólica» na Praza de España de Quiroga.

Responsables deste colectivo indican que se trata dunha concentración «en defensa do Xeoparque, da Reserva da Biosfera e do futuro de rural en xeral». Esta protesta coincidirá en data co Día Mundial do Medio Ambiente.

Este mesmo sábado haberá manifestacións simultáneas contra os novos proxectos eólicos na Alameda de Santiago de Compostela ou en Ponferrada, convocadas dende diferentes colectivos.

OUTRAS ACCIÓNS DE PROTESTA

O pasado mes de abril, tres marchas confluíron na zona lindeira entre O Courel e León en protesta polo parque eólico que a compañía estatal noruega Statkraft pretende instalar con 22 aeroxeradores no municipio leonés de Barjas.

Deixar un comentario