Unha chea de actividades para celebrar a Semana Europea dos Xeoparques

REDACCIÓN | QUIROGA


O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel está a celebrar a sua participación na Semana dos Xeoparques Europeos.

Logo de participar no webinar organizado o pasado martes pola Foro Nacional de Geoparques, onde detallaron o camiño percorrido por Montañas do Courel ata converterse en Xeoparque, continúan as actividades previstas para esta edición.

Hoxe, venres 28 de maio, o presidente do Xeoparque, Roberto Castro, e o coordinador do Xeoparque e xerente do GDR Ribeira Sacra-Courel, Martín Alemparte, participarán nunha xornada coloquio en Astorga. Alí presentarán a estratexia de desenvolvemento aplicada polo GDR Ribeira Sacra durante a xestión dos programas Leader 2007-2013 e o actual Leader 14-20.

O sábado 29 celebrarase dúas actividades no Courel. Un percorrido para observar as orquídeas, así como unha xornada de portas abertas no Centro de Interpretación das Covas en Meiraos. As prazas para participar nestas actividades están limitadas, sendo necesaria a inscrición a través de info@ribeirasacracourel.es

O domingo 30 de maio é o día do aceite, coa celebración da Mostra do Aceite de Quiroga no muíño de Bendilló, dende as 11:30 horas.

Durante a semana será o momento das actividades máis dirixidas á poboación das Montañas do Courel, con reunións coas entidades asociativas do territorio:

  • Luns 31 de maio ás 20:30, no salón de actos do concello de Folgoso do Courel, encontro coas entidades asociativas do territorio sobre a participación social no xeoparque.
  • Martes 1 de xuño ás 20:30, na casa de cultura de Quiroga, reunión cos produtores agroalimentarios das Montañas do Courel para falar do uso da marca Xeoparque Montañas do Courel.
  • Xoves 3 de xuño, encontros arredor do turismo activo nas Montañas do Courel. Reunión coas empresas que desenvolven actividades de turismo activo no Xeoparque.

A vindeira fin de semana tamén se prevé intensa. O sábado día 5 será o día mais completo de actividades, que incluirán conferencias, visitas sobre o terreo, actos de recuperación de patrimonio inmaterial, así como a posta de largo dunha nova iniciativa empresarial no Xeoparque:

  • Ás 11:00 celebrarase na casa de cultura de Quiroga a xornada “Encontros arredor das terras: materia, uso e tempo”. Serán tres conferencias nas que intervirán: Augusto Pérez Alberti, catedrático Ad hororem USC e membro do comité científico, coa ponencia: ROCHAS, SEDIMENTOS E SOLOS; Arturo de Lombera Hermida. Arqueólogo. Dr. en Historia da USC. e membro do comité científico con A INFORMACIÓN ARQUEOLÓXICA DOS SEDIMENTOS; Pedro Poença Cunha, Catedrático de Xeoloxía da Universidad de Coimbra (Portugal), con A DATACIÓN DOS SEDIMENTOS.
  • Ás 12:00 “As terras dende o miradoiro da Pómez en San Clodio”. Visita e interpretación das terras que se ven dende o miradoiro por parte Augusto Pérez Alberti, Arturo de Lombera Hermida e Pedro Poença Cunha
  • Ás 17:30 Acto de entrega de arquivo sonoro a Fundación Uxio Novoneyra, con 6 poemas recitados polo poeta do Courel. Neste acto participara o autor das gravacións, Rafael González.
  • Ás 19:00 Presentación de Coureleando, unha nova iniciativa de turismo activo no Xeoparque. Os promotores realizaran un percorrido interpretado da mineria aurífera romana da Toca e Torubio.

Imaxe de arquivo / DdQ

Deixar un comentario