Unha asociación denuncia que Teixeira levaba tres días sen teléfono nin internet

REDACCIÓN | FOLGOSO DO COUREL


O voceiro de Caurel Vivo no Concello de Folgoso do Courel Óscar Carrete Lage dirixiuse aos medios de comunicación, desta volta en representación da Asociación Buraca das Grellas para denunciar que dende o pasado domingo a aldea de Teixeira, no municipio courelao, non dispoñía de telefonía nin conexión a internet, quedando «incomunicada». O problema aínda non quedara resolto na mañá de onte.

Carrete sinala que esta situación, que xa se deu «dúas veces no que vai de ano», débese aos constantes fallos dun repetidor situado no Alto da Forca. Esta instalación, asegura, foi «pagada con fondos públicos», polo que insta ao consistorio a «esixir ás compañías un servizo decente e que cando se instalen as antenas estas sexan completas e de última tecnoloxía».

Deixar un comentario