Rexistrados dous tremores con epicentro en Folgoso do Courel arredor das 8:45h

REDACCIÓN | QUIROGA


Dous tremores de magnitude 3,4 mbLG e 2,5 mbLG rexistráronse esta mañá ás 8:44 e ás 8:47 horas, respectivamente. O epicentro destes movementos sísmicos está no concello de Folgoso do Courel, tal e como recolle o Instituto Xeográfico Nacional no seu visor.

Con todo, veciñanza dos concellos de Quiroga e Ribas de Sil tamén confirma que o tremor se deixou sentir nestes núcleos. Por outra banda, o propio IXN indica que este terremoto tamén foi percibido noutras localidades, como Monforte de Lemos, Lugo, O Corgo ou Sarria, entre outros.

Nos últimos tres días, a comunidade galega rexistrou outro sismo, segundo o IXN. Neste caso no concello ourensán de Boborás, de magnitude 2,6 mbLG.


Mapa da zona do tremor / IXN

Deixar un comentario