As frechas amarelas sinalan o Camiño de Inverno ao seu paso pola vila de Quiroga

REDACCIÓN | QUIROGA


Nas últimas semanas instaláronse na vila de Quiroga varias fechas amarelas que, sobre un fondo azul, serven para indicar o paso do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela por esta vila. Algúns deses sinais están situados na zona da gasolineira, en fronte da Praza de España (na Casa Peral) ou diante da casa da cultura de Quiroga.

Estas accións de sinalización desta ruta xacobea supoñen a culminación dos investimentos do Plan Director do Camiño de Santiago. As actuacións realizaranse en 190 quilómetros deste itinerario repartidos en catorce concellos e o importe inicial ascendía aos 1,5 millóns de euros.

O uso das frechas amarelas do Camiño debéselle a Elías Valiña, sacerdote e escritor nado en Lier (Sarria). A sinalización que levou a cabo nos anos 70 e 80 xeneralizaron o seu uso e sentaron as bases da recuperación da ruta. Na actualidade, un busto a carón da igrexa do Cebreiro, da que foi párroco, réndelle homenaxe.

O Camiño de Inverno está sinalado tamén con este tipo de indicadores noutros puntos do municipio quirogués / Arquivo DdQ

Deixar un comentario