Lugares de baño no territorio Xeoparque para facer fronte ás altas temperaturas

REDACCIÓN | QUIROGA


No Xeoparque Montañas do Courel non falta de nada. Ante as altas temperaturas que se rexistran no meses de verán, sempre é unha boa opción refrescarse nalgún dos lugares aptos para o baño dos que dispón este territorio.

Un mapa interactivo elaborado con Google Maps e que acumula xa máis de seis mil visitas recolle estas zonas de baño, diferenciando entre fervenzas, praias fluviais e puntos para o baño na montaña.


Imaxe: fervenza no río Soldón / X.M.C.

Deixar un comentario