Moverse polo Xeoparque Montañas do Courel é agora máis doado

O Xeoparque Montañas do Courel compartiu recentemente un mapa interactivo no que se mostra o patrimonio e os puntos máis destacados do territorio.

A aplicación, que funciona con Google Maps, recolle e sitúa os museos, centros de interpretación e oficinas turísticas; unha vintena de miradoiros e puntos de observación; as seis aldeas paleozoicas do territorio, como Froxán ou Seceda, estas dúas tamén BIC, e todo o patrimonio mineiro, histórico, arqueolóxico, xeolóxico, etnográfico e natural que posúe a zona.

Os responsables do xeoparque indicaron que aínda se atopa en construción e que se lle están a aplicar melloras.

Deixar un comentario