Quiroga acolleu onte a súa primeira feira dende o comezo do estado de alarma

Este mércores 27 tivo lugar a primeira feira en Quiroga dende que comezou o estado de alarma, hai máis de dous meses

O concello, que autorizara a semana pasada a celebración das feiras e mercados tradicionais despois de que se lle permitise aos concellos decidir a súa apertura, establecía uns requisitos mínimos de distanciamento entre os postos co fin, explican, de garantir a seguridade e a distancia entre traballadores, clientes e viandantes.

Na feira de onte, unha das menos concorridas que se lembra, deuse preferencia a aqueles postos de venda de produtos alimentarios e de primeira necesidade. Precisamente, estes postos eran os que se situaban esta mañá no recinto feiral. Vendedores de produtos de alimentación, de plantas de horta e postos de polbo foron os que acudiron a unha feira menos concorrida do habitual.

Deixar un comentario