A gasolineira de Quiroga comeza a abrir tamén todos os días polas tardes

Estación de Servizo de Quiroga amplía o seu horario de apertura, atendendo tamén todos os días polas tardes. Deste xeito, o horario pasará a ser de 8:00h a 15:00h e de 17:00h 21:00h.

Dende a gasolineira explican que pouco a pouco irán recuperando a rutina habitual previa á declaración do estado de alarma, cando o horario era entre as sete da mañá e as once da noite, de xeito ininterrompido.

O 13 de abril, tras a publicación no BOE dunha orde ministerial con medidas para asegurar a subministración de carburantes nas estacións de servizo, algunhas gasolineiras puideron recudir as horas de apertura, como foi o caso da estación de servicio de Quiroga.

Caída das vendas

O prezo dos carburantes caía a finais do pasado mes de marzo a mínimos desde 2017, unha baixada motivada polo forte descenso na demanda, xa que as vendas caeron arredor dun 80%.

Deixar un comentario