Propostas literarias chegadas dende Os Casares, en Ribas de Sil

Roberto e Laura dirixen o blog Casareños en la emigración, que conta o día a día da aldea dos Casares, localizada na parroquia de Peites, no Concello de Ribas de Sil. Na entrada que publicaron esta semana, coincidindo coa celebración do Día do Libro o pasado xoves, recomendan unha serie de publicacións relacionadas coa zona.

Entre os libros que propoñen están La construcción de los Saltos del Sil, 1945-1965” de Susana Chávarri, no que se relata os traballos de, entre outras, a presa de Montefurado; “O libro do Courel” de Sonia María García, que trata sobre os lugares, costumes e a cultura courelá; “Co noso acento, seis lustros no corazón de Abertal”, libro que conta a historia do grupo de música tradicional Abertal, da Rúa, que está comandado por Manolo Durán, veciño dos Anguieiros (Quiroga); “El Sil Quirogués. Un camino de estampas” de Pepe Pol, publicado no 2004 e que fala sobre o paso do río Sil por terras quiroguesas, ou A Boca do Monte” de Celia Díaz, entre outros.

O resto de recomendacións, así como as publicacións do blog Casareños en la emigración pódense consultar premendo aquí. Ademais, elaboraron un vídeo con imaxes da contorna no que relatan todas as actividades que pensan realizar cando remate o estado de alarma.

IMAXE: OS CASARES E O RÍO BIBEI (C.E.L.E.)

1 comments

Deixar un comentario