A Estación de Servizo de Quiroga reduce dende mañá o seu horario de apertura

A Estación de Servizo de Quiroga reduce a partir deste luns 13 de abril o seu horario de apertura, que pasará a ser de 8:00h a 15:00h, de luns a domingo.

Isto é posible despois de que, este sábado, o BOE publicase unha orde ministerial na que se establece medidas para asegurar a subministración de carburantes nas estacións de servizo mentres se manteña o estado de alarma. Con todo, dá a posibilidade de que algunhas delas reduzan as horas de apertura, como é o caso da gasolineira de Quiroga, ou mesmo pechen temporalmente se así o consideran.

A norma establece que ao redor da metade das gasolineiras poderán fixar libremente os seus horarios durante o estado de alarma, “tendo en consideración o significativo descenso da demanda de carburantes para automoción desde a declaración”. Outro 37% manterá o seu horario habitual. O criterio fixouse en base a criterios como o volume de vendas, a localización estratéxica da estación de servizo ou a súa especial vinculación co sector do transporte ou centros hospitalarios.

O prezo dos carburantes caía a finais do pasado mes de marzo a mínimos desde 2017, unha baixada motivada polo forte descenso na demanda, xa que as vendas caeron arredor dun 80%.

facebook
Para estar informado/a do que pasa preto de ti

Deixar un comentario