Quiroga, Ribas de Sil e O Courel reciben máis material de protección

Os concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel vense beneficiados esta semana dun novo reparto de máis de 51.400 unidades de protección contra o coronavirus que efectúa a Xunta de Galicia na totalidade dos concellos da provincia de Lugo «para atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais».

En total, serán distribuídos esta semana 31.300 guantes, 19.200 mascarillas e 397 traxes. Ademais, tamén se distribuíron 207 litros de xel hidroalcohólico e 339 litros de lixivia. Trátase do terceiro envío que reciben os concellos lucenses, segundo explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

En Quiroga, e sempre segundo os datos da Xunta, co envío desta semana, ascenden a 700 as luvas recibidas, 550 máscaras, 43 traxes de protección, 9 botes de medio litro de xel hidroalcohólico, 10 litros de lixivia e 70 batas protectoras dun só uso.

No caso de Ribas de Sil lévanse repartido 600 luvas, 600 máscaras, 38 traxes de protección, 9 botes de medio litro de xel hidroalcohólico, 7 litros de lixivia e 60 batas protectoras dun só uso. Por úlitmo, ao concello de Folgoso do Courel chegaron 700 guantes, 550 máscaras, 47 traxes de protección, 10 botes de medio litro de xel hidroalcohólico, 10 litros de lixivia e 70 batas protectoras dun só uso.

A distribución está a realizarse directamente desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para axilizar o proceso e centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus. Así, o material se está a levar directamente aos concellos para evitar desprazamentos.

Dende o inicio da pandemia

A Administración autonómica leva repartido entre os municipios da provincia preto de 147.000 equipamentos de protección (EPIs) adquiridos directamente por ela: 90.457 guantes, 50.834 mascarillas, 2.857 traxes e 2.210 batas. A este material hai que sumar 604 litros de xel hidroalcohólico, 489 litros de lixivia e 21 garrafas de 5 litros de desinfectante.

Con esta medida, a Xunta di que pretenden «dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 conten co material de protección que precisan».

IMAXE ILUSTRATIVA

Deixar un comentario