Aprazada de xeito definitivo a Feira do Viño de Quiroga para o mes de xullo

Este venres, tras unha xuntanza da comisión organizadora da Feira do Viño de Quiroga, anunciouse que xa traballaban cun plan B que contemplaba aprazar o evento, que estaba programada para o 11 e 12 de abril, ante a ameaza do coronavirus Covid-19.

Este plan alternativo pasaba por trasladar o festexo, xunto con todas as actividades que se desenvolven no marco deste, ao mes de xullo. Cómpre lembrar que a Feira do Viño é un acontecemento que congrega a milleiros de persoas na vila, moitas delas quirogueses e quiroguesas que viven fóra mais tamén visitantes que chegan dende diferentes puntos da Península Ibérica.

Hoxe sábado, logo de que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciase o “estado de alarma” e as medidas para tratar de frear a expansión do coronavirus, a Comisión Organizadora da trixésimo oitava Feira do Viño tomou a decisión de aprazar definitivamente a festa para o 25 e 26 de xullo.

Entre estas medidas está a limitación da libre circulación dos cidadáns en toda España. Así se reflicte no borrador do real decreto que discutiu este sábado o Consello de Ministros extraordinario, no que se establece que só estarán permitidos os movementos en determinados casos, tanto de peóns como de vehículos.

Estas restricións non posibilitan a celebración da feira, por mor dos poucos días que quedarían entre a levantamento das limitacións ata as datas do evento. Rematar os preparativos en canto a recollida de mostras, o seu envío ao laboratorio e a realización da cata por parte da Confraría do Viño non sería posible.

PREGÓN. Na citada xuntanza de onte venres tamén se deu a coñecer o nome dopregoeiro desta edición, que será o polifacético Carlos Sobera, actor, presentador de televisión e mesmo ex-profesor universitario.

Actualidad_390471842_120247645_1024x576
Carlos Sobera, pregoeiro da Feira do Viño 2020 / Cedida

Naceu en Barakaldo, en Biscaia, no 1960. Actualmente presenta programas de Telecinco, como “Supervivientes en tierra de nadie” ou “Gran Hermano VIP”, e en Cuatro, como “First Dates”. Foi tamén protagonista e produtor de obras de teatro e actor en filmes.

A edición deste ano contará con algunha novidades, como a presenza de adegas industriais, que convivirán cos colleiteiros que elaboran o viño de xeito tradicional. Na tarde do xoves houbo unha xuntanza entre as adegas interesadas en participar, que, segundo puido saber Diario de Quiroga, son catro.

Deixar un comentario