O programa de Calleja no Courel emitirase o vindeiro domingo

Jesús Calleja está de noraboa coa estrea da quinta tempada de Volando voy, un formato no que o aventureiro e todo o seu equipo penetran naquelas zonas rurais españolas que son un auténtico paraíso descoñecido para a gran maioría da poboación.

O aventureiro levará a cabo este domingo (21:30 h) unha das misións máis rechamantes de «Volando voy»: chegará co seu helicóptero á Serra do Courel, co obxectivo de recuperar e volver poñer en valor un patrimonio histórico oculto durante décadas pola espesa vexetación: as alvarizas, unhas construcións de pedra moi antigas que se levantaban para salvar as colmeas de mel dos ataques dos osos.

Cando se sobrevoa a Serra do Courel pódense divisar estas construcións circulares de pedra repartidas por ladeiras e zonas angostas. Sábese pouco da súa historia, pero si que os apicultores da zona construíronas para evitar que o seu prezado mel acabase nas fauces dos osos pardos.

Estes animais deixaron de habitar alí hai décadas, pero están a regresar e as albarizas poderían volver cobrar sentido. A Fundación Oso Pardo, que se encarga da súa protección, inventariou unhas duascentas, aínda que se cre que hai moitas máis escondidas.

m2y7wkmixvh7hr9b4qbjz
Jesús Calleja e unha veciña do Courel sobrevoando a zona / Cuatro

Jesús Calleja propúxose dar a coñecer estas impresionantes construcións e para levar a cabo esta misión, escoitará a historia de Julito, un apicultor duns vinte anos que quere vivir das abellas na súa terra e a quen os osos xa lle esnaquizaron varias colmeas O programa e os veciños da zona traballarán para acondicionar unha alvariza que lle sirva e que, ao mesmo tempo, quede conservada para o futuro como un patrimonio que hai que protexer.

«Volando voy» percorrerá a serra para recrutar persoas que boten unha man para a causa: Rubina, unha octoxenaria arraigada á súa terra, divertida e cunha historia de vida dura, darase unha volta no helicóptero para ver a súa terra desde o ceo e axudará a Calleja a atopar á persoa que cederá a alvariza a Julito. Esa persoa será Evaristo, un protector das tradicións do Courel, a quen Calleja terá que convencer para que se desprenda dela, a pesar de que ten un gran valor sentimental para el. Matilde, unha avogada que apostou por quedar na súa terra e que estivo moi vinculada á súa nai, será outra das persoas que axudará a Calleja nesta singular misión.

Ir máis alá da simple realidade

“Reinventámonos un pouco”, avisa Calleja. O aventureiro ten claro que esta tempada foron moito máis alá de amosar a simple realidade que se vive nos lugares visitados, e traballaron coa “idea de potenciar o turismo da zona“. Iso si, Jesús confesa que este ano a audiencia vai estar máis sensible que nunca porque na nova tempada haberán “historias moi emocionais e outras coas que podes morrer da risa“.

O aventureiro traballa cunha intención de mostrar a realidade de moitas vilas e, sobre todo, de como poden mellorar ou axudar a que eses espazos saian adiante: “Cremos que temos que loitar contra o despoboamento que hai nas zonas rurais, nesa España rural que se baleira e que a única oportunidade está nun turismo que traia riqueza á zona, que faga aos mozos quedar e ter unha oportunidade de traballo real”.

banner - facebook - courel

Deixar un comentario