Novo e «terrorífico» evento deportivo en Quiroga: o Qui-Medo!

A Concellería de Deportes do Concello de Quiroga organizará unha novidosa e «terrorífica» actividade, á que bautizaron como «Qui-Medo». Será o sábado 2 de novembro, coincidindo coas datas do Samaín e a ponte festiva de Todos o Santos.

O «Qui-Medo» será unha «andaina do terror», cunha dificultade baixa -o que a fai apta para todos os públicos- e un percorrido de 6 quilómetros aproximadamente. A saída terá lugar a partir das 20:30 horas en grupos reducidos cada cinco minutos. Ao rematar haberá unha chocolatada gratuita na Praza de España.

As inscrición a esta gran andaina terrorífica pódense realizar na Casa de Cultura ou na Concellería de Deportes do Concello de Quiroga. Ten un custo de cinco euros.

Deixar un comentario