Quiroga é o concello con maior superficie de viñedos da Ribeira Sacra

O concello de Quiroga, con 229 hectáreas, é o municipio con máis superficie de viñedos de todos os que están amparados pola denominación de orixe Ribeira Sacra.

Na segunda posición deste ranking atópase o concello de Pantón, que ten 185 ha. Sober ten 174 e ocupa o terceiro posto. Na cara oposta están Paradela, Nogueira de Ramuín e Monforte de Lemos. Teñen 0,39, 1,77 e 6,64 hectáreas de viñedo, respectivamente.

Vendima

A vendima segue desenvolvéndose sen incidencias na Ribeira Sacra e a uva que está a entrar en adega está nun estado sanitario óptimo. Van recollidos preto de 7 millóns de quilos.

A data 4 de outubro, das 96 adegas que  vendiman esta campaña ao amparo da D.O. Ribeira Sacra, 28 están a realizar labores de vendima, 11 téñena paralizada e 56 xa remataron. Polo tanto 1 adega aínda non iniciou os traballos de recollida.

A esta data os datos oficiais de recollida de uva son:

Variedades tintas:

  • Mencía: 5.490.773 k
  • Brancellao: 24.886 k
  • Merenzao: 61.304 k
  • Caiño: 30.920 k
  • Grao Negro: 1.473 k
  • Garnacha: 329.076 k
  • Mouratón: 8.943 k
  • Sousón: 86.043 k
  • Tempranillo: 54.210 k

Variedades brancas:

  • Albariño: 69.692 k
  • Branco lexítimo 3.420 k
  • Dona Branca: 4.533 k
  • Godello: 396.417 k
  • Loureira: 2.121 k
  • Torrontés: 3.675 k
  • Treixadura: 35.103 k

Deixar un comentario