Novo obradoiro de emprego para Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel

Os concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel acollerán un novo obradoiro de emprego: o Sillor VI, que durará nove meses. En toda a zona Sur de Lugo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará a posta en marcha de tres obradoiros que implican a 7 concellos, para o que destina un orzamento de 1 millón de euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, informou da resolución, por parte do Consello da Xunta, da convocatoria de axudas dirixidas a concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes para a posta en marcha destas iniciativas.

Os tres obradoiros aprobados permitirán a contratación de 73 persoas, entre alumnos-traballadores (un total de 60) e persoal de dirección, administración e monitores (13 contratos).

20190712_095436
O obradoiro Sillor V traballou no Museo da Minaría Romana / Arquivo DdQ

Os beneficiarios recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade. O inicio dos obradoiros duais está previsto para o mes de novembro.

Ademais do obradoiro dos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, os outros dous que se poñerán en marcha no sur da provincia son o promovido individualmente polo Concello de Monforte de Lemos, e o taller Ricra III que comparten os municipios do Saviñao, Pantón e Sober.

Deixar un comentario