Investimento de 110.000 euros para ampliar o Museo Xeolóxico de Quiroga

O Museo Xeolóxico de Quiroga está sendo ampliado. Para impulsar estas accións, a Consellería de Cultura e Turismo aprobou o xoves un acordo polo cal a Xunta de Galicia investirá 80.000 euros. A esta cantidade hai que engadirlle os preto de 30.000 que sairán das arcas do Concello, o que supón un orzamento que supera os 110.000 euros.

Este museo, o único en toda Galicia dedicado a esta temática, reciben ao ano unhas 7.000 visitas. Con esta ampliación, preténdese promover o turismo no municipio e reforzar o Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, do que forma parte.

Foi inaugurado en 2011, está dedicado á divulgación, estudo e protección dos valores xeolóxicos da comarca quiroguesa. Na actualidade, conta con cinco salas.

Deixar un comentario