Os Anguieiros celebra as súas festas e o VIII Campionato de Bolos Celtas

Os Anguieiros é unha pequena aldea da parroquia de Montefurado no concello de Quiroga. Durante o ano hai tan só 5 casas habitadas e só na fin de semana, pontes ou vacacións dobla os habitantes.

Dende hai varios anos, a Asociación Sociocultural Boca do Monte recupera a Festa da Madalena e outras tradicións desta aldea como o “xogo de bolos”.

Programa

Para o sábado 20 está programada a “Camiñada da Madalena“. A andaina circular sairá ás 9.00 da mañá dos Anguieiros, pasará por Covallos, Casares e Peites e rematará de novo en Anguieiros.

Pola tarde, ás 18:00h, haberá xogos infantís. Entre os xogos destacan a carreira de sacos, o tiro de corda, a chave e os bolos celtas. Ás 20:00h presentarase Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco.

Rematado este acto terá lugar unha merenda popular aberta a veciños e asistentes e sobre as 22:00h unha foliada tradicional a cargo do grupo quirogués Os Palletas.

O domingo 21, o protagonismo é a partir das 10:00h para o VIII Campionato de Bolos Celtas. Un xogo popular que tivo moito arraigo na contorna  e un curioso e atractivo campionato no que cada vez participa máis xente e que ofrece 5 premios para as mellores clasificadas e outros 5 premios para os mellores clasificados.

Ás 12:00h será a entrega de premios e a ruada a cargo do Grupo de Gaitas Abertal, de A Rúa de Valdeorras. Ás 13:00h misa, procesión e, ao remate da mesma, un aperitivo popular. Haberá música e sorteo da rifa da festa.

Imaxe: Grupo de Gaitas Abertal / Cedida

Deixar un comentario