Os niveis de radón na comarca de Quiroga

O radón é un gas radioactivo que se produce de forma natural como consecuencia da desintegración do uranio que está presente nos materiais que constitúen a cortiza terrestre. A súa inhalación en cantidades importantes é considerada pola Organización Mundial da Saúde como a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco.

En España, as rexións situadas ao noroeste de Madrid son as que presentan unha xeoloxía cunha maior cantidade de uranio. Iso non quere dicir que todas as vivendas situadas nesas rexións presenten conceraciones elevadas de radón no seu interior, xa que isto dependerá de se a vivenda está situada sobre unha zona con terreo fracturado que facilite a exhalación do radón e de se presenta gretas polas que o radón entre e que este se acumule en as medidas de eficiencia enerxética conlevan un mellor illamento das vivendas, o que fai que actualmente se acentúe o efecto da concentración do radón.

A existencia dunha determinada concentración de radón en vivendas é un fenómeno casuístico que só unha medida realizada por especialistas pode determinar.

O Laboratorio de Radón de Galicia da USC, o segundo laboratorio español con máis medicións de radón residencial, vén de actualizar o Mapa de Radón de Galicia, que presenta como principal novidade a maior pecisión dos espazos de cada municipio. Acumula 4.300 medicións na comunidade. Na páxina web do Laboratorio, inclúense táboas e mapas de medicións, ademais de información de seccións censuais.

Seguindo pautas internacionais, as áreas do mapa distribúense en función da porcentaxe de casas con máis de 300 becquerelios por metro cúbico (bq/m3), que marca a Directiva Europea. Así, estas áreas (neste caso, concellos), considéranse de risco baixo se hai menos do 5% de inmobles por riba de 300 bq/m3,, como é o caso de Folgoso do Courel; risco medio entre o 5 e o 10%; e de alto risco se superan o 10% de domicilios con máis deses niveis de radon, o caso de Quiroga e Ribas de Sil. Na comarca de Quiroga realizáronse un total de 9 medicións.

taboa medicion radon.jpg
Táboa de medición na comarca de Quiroga. Fonte: Laboratorio de Radón de Galicia
facebook
Fonte: usc.es/saudep/ e GCiencia

Deixar un comentario