A Mostra do Aceite de Quiroga celebrou a súa 19 edición en plena forma

O entorno do muíño de Bendilló acolleu hoxe a celebración da XIX edición da Mostra do Aceite de Quiroga, que un ano máis congregou a centos de visitantes arredor do aceite e o seu tradicional proceso de elaboración.

Esta mostra, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, ten como obxectivos poñer en valor, promocionar e recuperar o aceite de Quiroga.

Dende as 11:30h estivo en funcionamento o muíño de Bendilló, onde durante toda a xornada foi posible contemplar unha demostración da elaboración tradicional de aceite, un dos principais atractivos desta feira.

Este muíño é unha antiga almazara romana datada entre os séculos I e II da nosa era. Está situado a escasos metros da estrada N-120, na pista que conduce á aldea do mesmo nome, e forma un interesante conxunto arquitectónico xunto coa capela de San Xoán das Farrapas.

Nesta edición participaban cinco colleiteiros -Pedro Soto Losada, José Manuel López Maseda, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez e Manuel Mondelo Rodríguez-, pero tampouco faltaron outros postos de produtos de alimentación e artesanía típicos da bisbarra.

A mediodía tivo lugar unha cata comentada aberta a todo o público. As persoas encargadas desde acto volveron a destacar a excelente calidade dos aceites participantes.

mostra-aceite-quiroga-celebrou-19-edicion-plena-forma (1).JPG
Momento durante a cata / Diario de Quiroga

Aos moitos visitantes que ateigaron o recinto feiral uníronse tamén un grupo de peregrinos da Asociación Cultural San Bartolomé de Hospital e mais da Asociación Socio Cultural da Comarca de Quiroga que están a realizar o Camiño de Inverno por etapas. Hoxe percorreron 28 quilómetros entre A Rúa de Valdeorras e Quiroga e aproveitaron para facer parada en Bendilló.

mostra-aceite-quiroga-celebrou-19-edicion-plena-forma (3).JPG
Grupo de peregrinos quirogueses / Diario de Quiroga

PODER VER TODAS AS FOTOS FACENDO CLICK AQUÍ

banner - facebook - quiroga

Deixar un comentario