O alumnado das clases de música de Quiroga ofrecerá un concerto este sábado

Alumnos e alumnas de música xunto co profesor encargado desta actividade, programada dende as Áreas de Xuventude e Educación do Concello de Quiroga, ofrecerán un concerto de piano, guitarra e instrumentos de vento metal.

A actividade terá lugar o vindeiro sábado, día 30 de marzo, ás 19:00h. Será na Casa da Cultura e a entrada será gratuíta para os asistentes.

O repertorio a interpretar é moi variado. Interpretaranse pezas de música tradicional, clásica, popular e moderna.

Imaxe: Televisión de Quiroga

Deixar un comentario